Gastronomia de Galicia 

Navalla

Navalla
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Non existe veda para esta especie. Pódense encontrar nos mercados en calquera época do ano.

Orixe:

As lonxas con maiores poxas son as de Cangas, Illa de Arousa, Bueu, Aguiño e Campelo.

Arte de pesca:

Captúrase de tres formas diferentes:

A pé, na zona intermareal. A arte legalmente permitida é a "fisga", que é unha vara recta duns 60 cm de lonxitude cun pequeno arpón no seu extremo. Unha vez atopado o burato que deixa na area, introdúcese a fisga e, cando a navalla pecha as súas valvas, queda atrapada nela,  permitindo así a súa extracción.

Mediante submarinismo, descendendo a pulmón libre; o mariscador ou mariscadora recolle a navalla soterrada na area cos dedos e moita habilidade.

A flote, coa arte chamada "can de navalla" ou "endeño remolcado". Na actualidade esta arte esta prohibida, salvo que estudos biolóxicos aconsellen a súa utilización.

Reprodución:

As navallas son animais unisexuais de reprodución exóxena, polo que a fecundación se produce nas augas do mar.

Sumario

festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Festa do Logueirón en Fisterra (A Coruña)· Primer domingo de agosto
  • Festa do Percebe e a Navalla en Cangas do Morrazo (Pontevedra)· Mediados de agosto

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía