Gastronomia de Galicia 

Navalla

Navalla
 

<< volver

Como recoñecela

Dimensións:

O tamaño mínimo para a captura é de 70 mm. Alcanzan o tamaño comercial en 1-2 anos. Poden alcanzar un máximo de 20 cm.

Como recoñecela:

O longueirón (Ensis siliqua) é unha especie de menor calidade e normalmente prepárase en conserva. É de maior tamaño, a súa cuncha ten os bordos ventral e dorsal rectos, paralelos e de cor máis moura que a navalla. É máis abundante nas nosas costas pero de inferior calidade,  pois posúe unha vianda máis dura e de sabor máis forte.

O navallón (Pharus legumen) é unha especie pouco abundante; comercialízase mesturada con navallas e longueiróns.

A navalla atlántica (Ensis sílicua) é de maior tamaño, os bordos ventral e dorsal son rectos e paralelos.

O longueirón vello (Solen marginatus): as súas valvas son rectas e de cor alaranxada ou marrón.

Navalla rosa (Solen rosaceus), procedente do Pacífico.

Navalla de América do Norte (Ensis directus), similar á atlántica.

Macha de Chile (Ensis macha), procedente das costas de Chile e da costa atlántica de Arxentina.

Calidade:

As capturas obtidas mediante o sistema de submarinismo son as de mellor calidade, permitindo ademais a recuperación do recurso debido ás limitacións físicas do mergullador e á climatoloxía das augas para extraer os exemplares.

Presentacións:

Adóitase encontrar nos mercados vivas, en mangados ou atadas por ducias. Pódense encontrar tamén en conserva, aínda que o normal é que se trate de longueiróns.

Sumario

festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Festa do Logueirón en Fisterra (A Coruña)· Primer domingo de agosto
  • Festa do Percebe e a Navalla en Cangas do Morrazo (Pontevedra)· Mediados de agosto

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía