Gastronomia de Galicia 

Lagosta

Lagosta de Galicia
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Encóntrase en veda todos os meses do ano agás dende o 1 xullo ao 31 de agosto.

Orixe:

A lagosta moura e a lagosta africana proceden das costas de África, en canto que a lagosta común que se comercializa en Galicia ten a súa principal orixe nas illas británicas e, por suposto, nas propias costas galegas

A lagosta do Caribe ou cubana, como o seu nome indica, procede das costas de Cuba.

Arte de pesca:

Péscanse con nasas, redes lagosteiras e con cebos de peixes nas rochas.

Reprodución:

A reprodución das lagostas ten unha periodicidade bienal, normalmente entre os meses de xuño e outubro, presentando o seu máximo apoxeo en setembro. As femias transportan os ovos fecundados baixo o abdome; ao eclosionaren soltan larvas que, despois de algo máis dun mes, nadan ata, posteriormente, depositarse no fondo. É un marisco de moi lento crecemento, xa que acadan a madureza sexual aproximadamente aos 4 anos e poden vivir entre 20 e 25.

Sumario

Festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Festa da langosta e da cociña mariñeira· A Guarda (Pontevedra) · Primeira semana de xullo

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía