Gastronomia de Galicia 

Lagosta

Lagosta de Galicia
 

<< volver

Como recoñecela

Dimensións:

Poden alcanzar os 50 cm de lonxitude, pero o seu tamaño medio está entre os 25 e 35 cm. O seu peso vai dende os 700 g aos 7 kg.

Como recoñecela:

Podemos atopar nos mercados lagostas de diversas procedencias:

Palinurus mauritanicus. De África, ou tamén chamada moura, de cor rosa, cunha cabeza maior ca o seu corpo.

Palinurus regius. A lagosta verde, de cor verdosa cunha banda transversal branca en cada segmento do abdome.

Jasus lalandii. A lagosta do Cabo é de cor verde con bandas máis claras nos costados e a cola. Outro elemento diferenciador son as súas antenas, máis espiñentas ca as doutras lagostas.

Palinurus argus. A lagosta do Caribe, que se diferencia das outras tres por ter o corpo cuberto de espiñas, manchas de cor crema sobre a cuncha e de catro a seis manchas grandes de cor amarelo crema no abdome. Nos nosos mercados adoitámola encontrar conxelada.

Presentacións:

A comercialización da lagosta da ría está sobreexplotada, complementando o mercado as diversas cetarias que a producen. En xeral atopámola viva, pero conxelada e en conserva é cada vez máis común.

Sumario

Festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Festa da langosta e da cociña mariñeira· A Guarda (Pontevedra) · Primeira semana de xullo

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía