Gastronomia de Galicia 

Centola

Centola
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Está en veda dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro. Nestas datas só se pode consumir centola doutras orixes.

Orixe:

Ademais das poxas da Coruña, tamén a podemos encontrar nas lonxas do Grove e Ribeira. Tamén chega viva ás nosas cetarias importada de Francia, Irlanda e Gran Bretaña.

Arte de pesca:

As capturas obtéñense con nasas, miños e trasmallos. O tamaño mínimo de captura é de 12 cm.

Reprodución:

Na época reprodutora reúnense en grandes grupos, chegando a ter dúas postas ao ano cunha media duns 150 000 ovos en cada posta. Posúe uns apéndices abdominais ocultos baixo o abdome, que son utilizados pola femia para levar os ovos. Os primeiros apéndices abdominais dos machos son utilizados para o apareamento.

Sumario

Festas

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía