Gastronomia de Galicia 

Centola

Centola
 

<< volver

Como recoñecela

Dimensións: 

Na centola distinguimos o macho da femia pola lingüeta que se encontra baixo a cuncha. Se esta é estreita e aguzada trátase dun macho e se é máis redondeada é unha femia. Ademais, os machos teñen as patas dianteiras moito máis grandes.

As centolas que se consomen en España adoitan medir uns 20 cm, pero en Xapón chegan a alcanzar os 60 cm.

Cómo recoñecela:

É complicado distinguila da francesa xa que é a mesma especie; a centola galega é máis peluda nas patas, as uñas máis afiadas e as pinzas teñen máis dentes ca a centola de Francia. A francesa ten unha cor vermella máis pálida, a súa cuncha é moito máis dura e non presenta as algas que polo xeral cobren a centola galega.

Presentacións:

Podémola encontrar en mercados e cetarias, viva fresca, cocida ou conxelada.

Sumario

Festas

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía