Gastronomia de Galicia 

Mexillón

Mexillón de Galicia
 

<< volver

Historia e Curiosidades

Curiosidades:

Os mexillóns, como todos os moluscos, teñen unha gran capacidade de filtración, chegando a bombear ata 8 litros por hora. De cada batea hai penduradas, na etapa final, entre 400 e 500 cordas, cunha produción dunhas 45 a 50 Tm ao ano, que é o tempo aproximado que tarda o mexillón en adquirir o tamaño comercial.

Historia:

Foron os romanos os que comezaron a consumilos a grande escala, cultivándoos polo sinxelo método de recollelos nos seus criadeiros e levalos a outras localizacións para que alí se puidesen reproducir.

Aínda que os árabes tiveron por eles pouco aprecio, despois prestixiáronse en España, pois é sabido que o galego Martínez Motiño, cociñeiro de Felipe II, os preparaba para este monarca, facéndose gran consumo na súa Corte. Procedían, en parte, do porto portugués de Aveiro, que os exportaba a Castela en barrís.

Sumario

receitas

Relacionados

Festas

  • Festa do Mexillón e Bereberecho en Vilanova de Arousa (Pontevedra)· 1ª quincena de agosto

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía