Gastronomia de Galicia 

Mexillón

Mexillón de Galicia
 

<< volver

Orixe e pesca

 

Tempada:

Encóntrase en veda os meses de abril, maio, xuño e setembro. A pesar diso podémolo atopar nos mercados durante todo o ano.

Orixe:

Na ría de Arousa prodúcense as dúas terceiras partes do total, pero danse unhas circunstancias moi favorables en todas as rías debido á riqueza nutricional das súas augas, á pouca salinidade e á escasa profundidade, que, ademais de ser moi favorable para o desenvolvemento do molusco, facilita os labores da súa explotación. Por este motivo pódense ver tamén as bateas nas rías de Vigo, Pontevedra, Muros, Noia e Ares.

Arte de pesca:

A produción depende do cultivo ou miticultura, fundamentalmente polo sistema de bateas a flote, ou en menor medida en bancadas fixas no chan.

Reprodución:

O mexillón é un animal de sexos separados. O macho verte os espermatozoides na femia, que pode chegar a depositar ata un millón de óvulos fecundados que se incuban durante 10 a 15 días, segundo a temperatura da auga.

A reprodución nas bateas faise en circuíto pechado, xa que as crías que xeran os adultos se volven adherir ás cordas cunha rede e volven crecer ata acadar o tamaño axeitado para a súa venda.

Sumario

receitas

Relacionados

Festas

  • Festa do Mexillón e Bereberecho en Vilanova de Arousa (Pontevedra)· 1ª quincena de agosto

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía