Gastronomia de Galicia 

Mexillón

Mexillón de Galicia
 

<< volver

Como recoñecelo

 

Dimensións:

O tamaño mínimo comercial é de 5 cm. Habitualmente adoitámolos encontrar entre 7 e 10 cm.

Como recoñecelo:

Na actualidade tamén podemos atopar no noso mercado especies como o mexillón atlántico Mytilus edulis. En comparación coa especie Mytilus galloprovincialis é menos ancho, de umbos máis romos e o seu manto é púrpura. Pero isto pode variar, o que fai complicada ás veces a distinción entre ambas as dúas especies e que o único modo de diferencialas sexa mediante análises xenéticas.

Outras variedades de mexillón destacables no mundo son:

Mexillón de Nova Celandia (xénero Perna fundamentalmente conxelado),

Mexillón dátil de mar, alongado e saboroso, que ten a súa orixe en Portugal,

Mexillón californiano (Mytilus californiensi) das costas do Pacífico,

Mexilloa ou modíolo barbado (Modiolus barbatus), que presenta unha barba escura característica que pode chegar a medir uns 6 cm e que se distribúe polo Atlántico e polo Mediterráneo,

Modíolo (Modiolus modiolus) de gran tamaño, pero de calidade inferior ao resto.

Calidade:

Actualmente está en funcionamento a denominación de orixe "Mexillón de Galicia", coa que se garanten tamaños e calidade.

Presentacións:

Podemos encontralos no mercado de moitas formas: vivos, enteiros, cocidos, conxelados, envasados frescos no seu zume, sen cuncha, incluídos en pratos preparados e en conserva.

Preséntase clasificado en varias categorías, extra ou especial, grande ou xigante, normal e pequeno. En malla ou rede de plástico de 5 ou 10 kg, mesmo menores. Pódese presentar tamén cocido (carne ou media cuncha) envasado ou conxelado (carne ou media cuncha).

 

Sumario

receitas

Relacionados

Festas

  • Festa do Mexillón e Bereberecho en Vilanova de Arousa (Pontevedra)· 1ª quincena de agosto

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía