Gastronomia de Galicia 

Lura

Lura
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Non existen vedas para esta especie. Podémolas encontrar nos mercados durante todo o ano, mesmo frescas.

Orixe:

As lonxas de Vigo e da Coruña son as que maior volume comercializan. Deixando a un lado estas dúas lonxas, a máis importante é a de Celeiro.

Arte de pesca:

Vive entre os 10 e os 150 metros de profundidade e dende abril ata decembro aproxímanse ás nosas rías.

Se falamos da lura das rías galegas, péscase de forma artesanal ou con poteiras e ocasionalmente con nasas, trasmallos e redes de arrastre ("redes con lámpadas", "redes de culler rectangular" e "redes de anel").

Reprodución:

Na época de reprodución, entre abril e decembro, achégase ás augas costeiras (10 a 20 m), agrupándose en pequenos bancos.

Acabadas de nacer, aliméntanse do vitelo que as envolve, para pasar despois a inxerir plancto e acabar na idade adulta comendo peixes e crustáceos.

Sumario

festas

  • Festa do Choco en Redondela (Pontevedra)· Segundo domingo de maio

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía