Gastronomia de Galicia 

Lura

Lura
 

<< volver

Como recoñecelo


Entre as especies similares que podemos atopar nos nosos mercados están:

A pota común (Todarodes sagitattus), de menor calidade gastronómica. De cor clara, con manchas de cor violácea que mide entre 20 e 25 cm. As súas aletas ocupan 1/3 do tamaño do manto.

A lura colorada (Loligo forbesi), de cor rosada ou abrancazada. Os machos poden chegar aos 95 cm.

A lura da Patagonia (Loligo gahi). O seu manto é moderadamente alongado e as súas aletas rómbicas representan un 40-50% da lonxitude deste. Habita no sur de Arxentina, Chile e Illas Malvinas.

A Lura de Boston (Loligo pealei) de tentáculos máis longos ca as súas conxéneres e cor agrisada.

Hai unha especie parecida que é a cría da pota, que se coñece co nome de puntilla ou voadora, pois a parte dianteira do seu corpo é moi aguzada, e tamén é de inferior calidade á lura.

Presentacións:

A das nosas costas encontrámola fresca. Tamén a podemos atopar conxelada doutras orixes, clasificadas xeralmente en tres tamaños. Enteira grande: 25-30 cm (+500 g), enteira mediana: 10-20 cm (300-500 g) e enteira pequena ou chipirón: 6-8 pezas / Kg. (-300 g).

Sumario

festas

  • Festa do Choco en Redondela (Pontevedra)· Segundo domingo de maio

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía