Gastronomia de Galicia 

Boi de mar

fotografia do boi
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Encóntrase en época de veda entre os meses de xaneiro e xuño, ambos os dous inclusive, e en novembro e decembro. Durante estes meses só é posible adquirilos de importación.

Orixe:

As lonxas de Vigo e da Coruña son as máis importantes no que ao volume se refire. Despois de estas dúas séguenlles O Grove, A Guarda e Burela.

Arte de pesca :

O boi de mar captúrase utilizando artes de pesca ancestrais coma as nasas, unhas gaiolas ou receptáculos realizadas con madeira nas que se inclúe cebo como reclamo. Ao ser un animal de hábitos nocturnos, a súa pesca realízase habitualmente pola noite. Utilízanse tamén tanto o trasmallo coma o resgo.

Reprodución:

A reprodución prodúcese a través do apareamento do macho e a femia, durante a segunda época de muda. A femia incuba entre cincocentos mil e dous millóns de ovos de seis a oito meses, transportándoos nunha bolsa de cría encaixada no seu abdome.

Ao chegar o momento da eclosión, as larvas xa posúen unha forte espiña no cefalotórax que lles permite nadar durante dous meses, nos que realizan varias mudas para, posteriormente,  desprazárense ata os fondos pedregosos ou rochosos, xa co aspecto de cangrexos.

Sumario

Festas

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía