Gastronomia de Galicia 

Lumbrigante

Lumbrigante
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Encóntranse en veda todo o ano agás xullo e agosto. Durante a veda só é posible comercializalo de importación.

Orixe:

As lonxas máis habituais nas que nos podemos encontrar o lumbrigante son as da Coruña, Burela e Fisterra.

Arte de pesca:

Captúrase con nasas especiais colocando como cebo anacos de peixe. Ocasionalmente tamén se captura con trasmallo, miños e raeiras.

Reprodución:

Son especies unisexuais: hai machos e femias. As femias distínguense por teren bifurcadas as uñas do último par de patas torácicas.

A femia pon moitos miles de ovos, normalmente unha vez cada dous anos, e as crías nadan e déixanse levar polas augas durante un período de ata cinco semanas antes de asentar no fondo. O seu crecemento é lento e mudan regularmente a súa cuncha, cambio que diminúe en frecuencia segundo se vai facendo adulto.

É moi selectivo coas temperaturas, pois aínda que pode vivir entre 5 e 22 graos, por debaixo dos 15 non se reproduce. É por iso polo que nos viveiros se baixa a temperatura da auga para que non se pelexen.

Sumario

festas

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía