Gastronomia de Galicia 

Lumbrigante

Lumbrigante
 

<< volver

Como recoñecelo

Dimensións:

Acadan a madureza aos catro ou cinco anos cun tamaño entre os 20-25 cm. Poden chegar aos 60 cm. O habitual é atopalos cun tamaño entre 23 e 50 cm. Chegáronse a capturar exemplares de 75 cm e máis de 4 kg de peso.

Como recoñecelo:

Cuncha lisa, con soamente dous pares de espiñas atrás dos ollos, dos que o par externo é moi pequeno. Ten dúas grandes pinzas, a esquerda cos bordos cortantes finamente denticulados; a dereita con fortes dentes irregulares que utiliza para triturar. As segundas e terceiras patas son moito máis delgadas, tamén con pinzas. A cor do lombo é negra azulada e os laterais ventrais amarelentos.
Diferénciase da lagosta en que é máis delgado, ten pinzas moi grandes e é normalmente de cor máis escura.

É o único da súa familia (Nephropidae) nas nosas costas, aínda que o podemos atopar nos mercados, procedente de importacións de Irlanda, Gran Bretaña ou Noruega, aínda que é algo menos saboroso. Outra especie semellante que procede de Norteamérica é a especie (Homarus americanus) que se diferencia notablemente do noso pola súa cor avermellada e a cabeza algo meirande.

Presentacións:

Comercialízanse normalmente vivos en cetarias, aínda que tamén frescos, conxelados ou deshidratados. Teñen as mesmas aplicacións que as lagostas. O tamaño mínimo de captura é de 25 cm.

Sumario

festas

 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía