Gastronomia de Galicia 

Ameixa

Ameixa
 

<< volver

Historia e curiosidades

Curiosidades:

No 2006, nas augas fronte á costa de Islandia, atopouse unha ameixa cunha idade estimada de máis de 400 anos, converténdose así no animal de máis longa vida rexistrado ata hoxe, segundo científicos da Universidade de Bangor en Gales. A súa idade calculouse contando as liñas de crecemento da valva.

Historia:

Os cultivos mariños principiaron a finais do século XIX, cuns proxectos de ostricultura que fracasaron. Contra os anos setenta foise iniciando o cultivo horizontal de ameixas e ostras en parques, tanto en Galicia coma na zona do delta do Ebro, e contra o ano setenta e cinco tamén na rexión atlántica de Andalucía.