Gastronomia de Galicia 

Ameixa

Ameixa
 

<< volver

Como recoñecela

Dimensións:

Pode acadar os 8 cm, aínda que o común é encontralas entre 3,4 e 5 cm. O tamaño mínimo para a súa captura é de 3 cm para a ameixa rubia e fina e de 2,5 cm para a ameixa babosa.

Como recoñecela:

Pódese presentar confusión, ou mesmo picaresca, na ameixa fina e na ameixa xaponesa, esta última de menor calidade, vianda máis pequena e menos gorentosa. Diferénciase da fina en que os sifóns están unidos e a cuncha é máis rugosa. A fina tamén presenta algunhas similitudes morfolóxicas coa babosa, aínda que esta última tamén ten os sifóns unidos. A ameixa rubia é doada de identificar pola cor da súa cuncha que lle dá o nome.

Calidade:

Como xa se comentou anteriormente, a de maior calidade é a ameixa fina. Se ben a babosa e a rubia tamén son moi apreciadas nos mercados.

Presentacións:

Adóitanse presentar frescas en bolsas de rede. Pódense encontrar tamén en conserva ou conxeladas. A ameixa rubia é frecuente atopala en conservas. A ameixa babosa é máis delicada e aguanta menos tempo fóra da auga, polo que é conveniente mantela en lugares frescos. A ameixa xaponesa é a de crecemento máis rápido e, xa que logo, a máis barata e máis común nos mercados.