Gastronomia de Galicia 

Berberecho

Berberecho
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

A época de recolección en Galicia lévase a cabo entre os meses de maio e agosto, ambos os dous inclusive. Nos mercados existe berberecho durante todo o ano procedente doutras zonas. Os meses de febreiro, marzo e outono son os de maior oferta.

Orixe:

As lonxas de Noia, Rianxo e Carril, nesta orde, son as máis importantes no que ás poxas de berberecho se refire, e en ambas as dúas marxes da ría de Vigo.

Arte de pesca :

A captura do berberecho pódese realizar de dúas formas: Unha ten lugar na zona intermareal, removendo a area utilizando sachos, rastros ou anciños, modalidade denominada marisqueo a pé, que é o xeito máis habitual de captura. A outra forma de pesca é utilizando un rastro de vara dende unha embarcación, modalidade denominada marisqueo a flote.

Reprodución:

Machos e femias emiten os seus gametos á auga entre marzo e xullo. A bibliografía é unánime en recoñecer que un inverno rigoroso estimula a reprodución con sincronía na emisión dos gametos de ambos os dous sexos, co que se logra unha maior fertilidade.

Sumario

relacionados

Festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Carballo-Baldaio (A Coruña)· 21 de agosto
  • Cee (A Coruña)· mes de agosto. Degustación gastronómica.

 

Información seleccionada por la Academia Galega de Gastronomía