Rías Baixas

Elaboración e etiquetaxe

Técnicas de elaboración.

Na produción do mosto séguense as prácticas tradicionais, aplicadas cunha tecnoloxía orientada cara á mellora da calidade do produto final.  Aplicaranse presións adecuadas para a extracción do mosto e do viño e a súa separación do bagazo, de forma que o rendemento non sexa superior  a setenta litros de viño por cada cen quilogramos de uva para todas as variedades brancas. No caso das variedades tintas o rendemento non é superior a setenta e dous litros de viño por cada cen quilogramos de uva. Estes límites poden ser modificados excepcionalmente en determinadas campañas.

En particular, prohíbese, para a elaboración de viños protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas, a utilización de prensas coñecidas como "continuas", nas que a presión é exercida por un parafuso de Arquímedes no seu avance sobre un contrapeso.

Para a extracción do mosto non poden utilizarse sistemas que danen os compoñentes sólidos do acio, quedando prohibido o emprego de máquinas de prensa ou centrífugas de eixo vertical e alta velocidade.

Etiquetaxe:

Nas etiquetas de viños embotellados figura sempre a mención Rías Baixas ademais dos datos que, con carácter xeral, determínanse na lexislación aplicable. Nos viños protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas será obrigatoria a indicación do ano da súa colleita.

Para que os viños amparados poidan levar na etiquetaxe o nome dunha das subzonas, será condición necesaria que a materia prima proceda integramente dela e que a elaboración se realice no seu interior. Antes de porse en circulación as etiquetas ou calquera elemento identificador da botella, deben ser autorizadas polo Consello Regulador.