Agricultura ecolóxica

Calidade e presentacións

Calidade:

Na actualidade, os consumidores poden adquirir os produtos de agricultura ecolóxica nos puntos de venda convencionais: grandes superficies, asociacións de consumidores, tendas especializadas, etc., buscando sempre a etiqueta identificadora do organismo de control correspondente coa referencia de cultivo ecolóxico.

A identificación destes produtos faise máis necesaria ao non existir unha lexislación eficaz que identifique os alimentos transxénicos, xa que con aquela se garante de maneira fiable que os alimentos que consumimos, ademais de seren sans e respectuosos co medio, non conteñen compoñentes manipulados xeneticamente.

Presentacións:

Todos os produtos amparados baixo a denominación "Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de GALICIA" levan a súa etiqueta acompañada da contraetiqueta do Consello regulador, o que fai referencia ao método de produción ecolóxica.

Esta contraetiqueta, tras autorización do Consello, poderá ir incluída na mesma etiqueta comercial.