Agricultura ecolóxica

Dimensións

En Galicia, a agricultura ecolóxica mantén un crecemento constante e estruturado durante os últimos anos. No período que vai dende o ano 2004 ao 2011, o incremento de superficie ecolóxica galega chegou ata multiplicarse por catro. Durante ese mesmo período de tempo, aumentou o número de produtores inscritos nun 50 % e o de elaboradores nun 65 %. Actualmente, o número de inscritos pasa dos 578, dos que 94 son industrias. No ano 2011 a superficie ecolóxica inscrita achegábase ás 15 303 hectáreas, o que supón un incremento do 44 % respecto ao ano 2004.

Dende o punto de vista da facturación, o sector lácteo é o máis próspero, xa que arredor do 60 % do leite ecolóxico en España é de orixe galega. Outro sector salientable é o da carne ecolóxica, sen esquecermos os ovos, as froitas, as hortalizas e as conservas vexetais.

Dende o punto de vista da superficie ecolóxica inscrita, os produtos que máis destacan son os cultivos permanentes de pastos e forraxes e tamén os froitos secos, principalmente a castaña.