Grelos de Galicia

Cómo recoñecelo

Calidade:

Se se comproba que os grelos non se produciron de acordo a estes requisitos ou presentan alteracións ou defectos, non se poderán comercializar baixo o amparo da Indicación Xeográfica Protexida "Grelos de Galicia".

Todas e cada unha das presentacións en fresco e dos produtos transformados, quer  en conserva, quer en conxelados, deben levar unha etiqueta numerada propia da indicación que será controlada, subministrada e expedida polo órgano de control, de acordo coas normas recollidas no Manual de Calidade.

Presentacións:

Os grelos en fresco serán comercializados en lotes homoxéneos en función da procedencia e da variedade, mediante feixes tradicionais dun peso aproximado de 0,5 kg ou 1,0 kg, atados por medio de fitas vexetais ou doutros materiais autorizados.

Os grelos conxelados clasifícanse, lávanse, escáldanse e, opcionalmente, tállanse antes da conxelación e envásanse en bolsas de materiais e pesos autorizados pola lexislación vixente.

Os grelos comercializados en conserva elabóranse ao natural, sen ningún outro líquido máis que a auga de cocción con sal común, sen acidificacións, e preséntanse en envases metálicos ou frascos de vidro de pesos autorizados pola lexislación vixente.