«Lacón Gallego»

De interese

Usos culinarios:

O lacón con grelos é un prato galego dos mais emblemáticos e logrados da nosa gastronomía, porque con só catro ingredientes -o lacón, os grelos, as patacas e os chourizos- consegue un resultado espectacular e unha mestura de sabores exquisita.

Antes de cocer o lacón, cómpre desalgalo mergullándoo en auga durante 48 horas e cambiando a auga cada 12 horas. Unha vez desalgado, procederase a cocelo cunha fervura lenta durante dúas horas e media se se trata dunha peza enteira ou dúas horas se se trata de media peza.

Tamén se pode consumir fresco e asado ao forno.