«Lacón Gallego»

Cómo recoñecelo e dimensións

Cómo recoñecelo:

Unha vez se comprobe a identidade e a procedencia dos animais e se considere o brazo correspondente como apto para a súa elaboración, o Consello Regulador colocará no matadoiro un precinto plástico que levará impresa unha numeración correlativa de 7 díxitos co nome do devandito Consello Regulador e o seu logotipo.

Nos mercados podémolos identificar por unha contraetiqueta cunha numeración correlativa de 6 díxitos coa denominación e logotipo do Consello, que será colocada nas industrias unha vez remate o proceso de curación do produto e este se cualifique como apto para a comercialización polo vendedor do Consello.

Calidade:

Os porcos para sacrificio deberán ter como mínimo 6 meses de idade e 90 kg de peso vivo.

Presentacións:

O peso dun lacón con Identificación Xeográfica Protexida debe ser como mínimo de 3 kg e como máximo de 5,5 kg.

Distínguense dous tipos de lacón:

O Lacón Galego Tradicional, procedente de porcos que, nos seus tres últimos meses de vida, foron alimentados exclusivamente con produtos tradicionais a base de cereais, landras, castañas e tubérculo.

O Lacón Galego, procedente de porcos alimentados con pensos autorizados, controlados polo Consello Regulador.