Licor de Herbas

A queimada

A queimada é un dos rituais máis famosos de Galicia, que ten por base a augardente. A queimada expresa a cultura do pobo galego, que a través de todas as civilizacións que pasaron polas súas terras deu como froito a queimada.

Así, Alonso del Real ve nas orixes da queimada trazos célticos -os elementos poéticos dos conxuros-, románicos, xermánicos -o pracer pola ebriedade colectiva e o gusto polas bebidas fortes- e árabes -o azucre e a augardente-. O que si é certo é que se coñece a súa orixe dende o século XI ou XII, coincidindo coa construción da Catedral de Santiago.

Recoméndase realizala nun recipiente de barro cocido e esmaltado, onde a augardente poida arder, despois de lle engadir azucre, cascas de laranxa e limón, café ou viño tinto ao gusto do queimador. Con bo pulso préndese lume e, mentres a queimada se remexe cun cullerón recítase algún conxuro, á vez que se levantan as chamas.

 
Queimada

O conxuro

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas
gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando así purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos
dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.