Augardente de Herbas

Denominación xeográfica (D.X) de Augardentes e licores tradicionais de Galicia

 

Na defensa das denominacións xeográficas, a aplicación da súa regulación e a vixilancia do seu cumprimento, así como o fomento do control da calidade dos produtos amparados, quedan encomendados ao Consello Regulador das Denominacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente e Medio rural e Mariño, no ámbito das súas respectivas competencias.