Vieira

Orixe e pesca

Tempada:

Non existe veda para esta especie. Pódese encontrar nos mercados en calquera época de ano, malia que, nas lonxas galegas, o máis habitual é atopalas nos meses de xaneiro, febreiro ou decembro.

Orixe:

Encóntrase en augas atlánticas. A lonxa de maior volume comercializado no ano 2008 foi a de Cambados.

Arte de pesca:

Péscanse preto da costa, mediante rastros de vieira e outros elementos aplicados dende embarcacións pequenas. Tamén se cultivan en bateas, das que se penduran nas cordas facéndolles un burato na orella.

Reprodución:

A vieira, como especie hermafrodita, dispón simultaneamente de gametos masculinos e femininos.

Ao longo de todo o verán prodúcese a desova, con fecundación exterior na auga. Durante a súa vida larvaria suxéitase con ligamentos (bisos) a un soporte, do que posteriormente se solta cando as cunchas están formadas.