Percebe

Como recoñecelo

Dimensións:

O seu tamaño adoita estar entre os 4 e 12 cm, e poden chegar ata os 25 cm.

Como recoñecelo:

O percebe galego é máis groso e escuro ca o que vén de Marrocos, a uña é máis agudizada, avermellada e con menos placas.

Tamén podemos encontrar nos nosos mercados percebe da especie Pollicipes polymerus. A súa zona de distribución é a costa nordeste do océano Pacífico, dende Canadá ata México. A diferenza máis clara entre este percebe e o das nosas costas, é o seu tamaño, que pode ser superior a 30 cm e posúe maior número de pequenas placas calcarias na base do capítulo.

Presentacións:

O percebe comercialízase vivo.