Gastronomia de Galicia 

Porros con Bacallau e Patacas

Elaboración


Para a Crema

Refogar a cebola picada no aceite ata que está branca pero sen que tome cor, a continuación engadir o porro picado, cando estea feito, incorporar a pataca picada, mollar con auga ata cubrir a pataca e deixar cocer.

Triturar en túrmix e engadir un toque de leite para texturizar.



Para o Bacallau

Confeitar o lombo de bacallau en aceite suave (60/70º C) no que previamente douramos os allos, ata que as láminas do bacallau se despeguen perfectamente.



Servir decorado con láminas de porro crocantes.

ingredientes (10 pers.)


Para a Crema de Porros


  • Branco de porro 400 gr.
  • Pataca picada 200 gr.
  • Cebola 100 gr.
  • Aceite virxe 2 dl.
  • Leite 1 dl.
  • Sal c/s


Para o Bacallau

  • Lombo de bacallau desalgado
  • Allo laminado
  • Aceite virxe

<< retorno