Gastronomia de Galicia 

Torta de queixo fresco con sorbete de licorcafé

Elaboración

  • Para a torta

Fundir a cobertura, incorporar o praliné e por último a galleta, estirar entre 2 papeis e deixar arrefriar.
Na nata quente disolver o queixo crema, o azucre e a xelatina previamente remollada, cando arrefríe mesturar o aparello con espátula coa nata semimontada. Vertelo nos moldes sobre a base crocante.
Decorar cada torta coas framboesas e no servizo espolvorear con azucre glasé.

  • Para o sorbete

Facer un xarope coa auga e os azucres, incorporar a xelatina remollada, e cando estea morno vertelo sobre o licorcafé. Deixar repousar e pasar pola xeadora.

 

Presentación

Colocar a un lado do prato a tartita coas froitas e espolvoreada de azucre en po. Ao outro lado o sorbete sobre un po de froitos secos, galleta, etc. e aromatizalo con coandro xeado.

 

Prato de autor do Centro Superior de Hostalería de Galicia

ingredientes

Para a tora: base crocante


  • Cobertura 70% 80 gr
  • Praliné 125 gr
  • Barquillo roto 115 gr

Para a torta: mouse

  • Nata quente 250 gr
  • Queixo crema tipo Cebreiro 100 gr
  • Azucre 100 gr
  • Xelatina 5 gr
  • Nata semimontada 200 gr
  • Framboesas enteiras ou piña salteada 250 gr
  • Azucre Glasé 25 gr
  • Amenta 25 gr

Para o sorbete

  • Auga 200 gr
  • Azucre 100 gr
  • Glicosa 20 gr
  • Azucre invertido 15 gr
  • Xelatina en follas 1 gr
  • Licorcafé 200 g

<< retorno