Gastronomia de Galicia 

Croquetas de Cocido

Manipulación e elaboración

  • Cocer todas as carnes do cocido despois de desalgar previamente o lacón e a costela,

  • Esmiuzar e triturar. Engadir os grelos cocidos picados finos,

  • Preparar un bechamel ao 125% seguindo as indicacións clásicas, no ultimo momento incorporar a carne, estender nun molde engraxado, tapar a pel con filme e abater de temperatura,

  • Formar as croquetas de maneira que queden o máis iguais posibles. Empanar,

  • Fritir en frixideira en aceite moi quente.

 

Presentación e conservación

  • En bandexa ovalada acompañada dun bouquet de ensalada ou pataca.

 

Prato de autor do Centro Superior de Hostalería de Galicia

ingredientes


  • ½ kg de xarrete de tenreira
  • ½ galiña
  • ½ cacheira
  • 200 g de touciño
  • 1 lomedro de lacón
  • 5 chourizos
  • 4 feixes de grelos
  • 10 patacas grandes
  • 300 g de fabas

relacionados

<< retorno