Gastronomia de Galicia 

Esponxoso de améndoas con xeado de mel

Elaboración

  • Para o esponxoso

Por un lado facer unha pasta en turmix coa améndoa, a nata e as xemas; por outro un merengue suízo coas claras e o azucre glass.
Mesturar sen bater (lingua) e escudillar en moldes previamente cubertos con papel de forno.
Conxelar (enfornaremos 17 minutos a 200ºC).

  • Para o xeado

Realizar unha crema inglesa convencional na que en lugar de azucre teremos mel.

Prato de autor do Centro Superior de Hostalería de Galicia

ingredientes (10 pers.)

Esponxoso de Améndoas


Para o esponxoso

  • Améndoa 170 gr
  • Nata cartón 0.2 dl
  • Ovo fresco 5 ud
  • Azucre glass 75 gr

Para o xeado de mel

  • Leite cartón 5 dl
  • Mel 250 gr
  • Xema de ovo 360 gr

Decoración

  • Azucre glass 100 gr
  • Cecimbre 100 gr

Mel de Galicia

O clima especialmente benigno de Galicia, con choiva abundante ao longo de todo o ano, o solo granítico e a influencia dos ventos e aires mariños, dan lugar a unha flora rica e variada, que permite tanto a produción de mel monofloral como a dun abano de mel de milflores:

Mais información

<< retorno