Gastronomia de Galicia 

Pescada ao romeu

Elaboración

  • Refogar o allo en aceite, engadir a cebola e deixar refogar, cando estea tenra engadir o tomate sen pel nin sementes; deixar facer durante 40 min. aprox.
  • Engadir o azucre, un pouco de romeu, e deixar cocer 5 min. máis.
  • Facer á prancha os cogomelos.
  • Cortar a pescada en supremas, salgala, e colocalo romeiro enriba polo lado contrario á pel.
  • Facela polo lado do romeu ata que estea dourada, darlle a volta e rematala.

Dispoñer no prato de presentación un pouco de compota de tomate no centro, os cogomelos enriba e a pescada co romeu cara arriba e un chorriño de aceite oliva virxe por enriba.

ingredientes

  
  • 1 kg pescada
  • 120 g cebola cortada en paisana
  • 160 g cogomelos
  • 600 g tomate
  • 1 dente allo laminado
  • 25 g azucre
  • aceite de oliva virxe
  • sal
  • pementa
  • romeu

relacionados

<< retorno