Gastronomia de Galicia 

Augardente de Herbas de Galicia

Augardente de herbas de Galicia

INDICACIÓN XEOGRÁFICA: "Aguardiente de Hierbas de Galicia" / "Augardente de Herbas de Galicia"

Bebida espirituosa tradicional elaborada en Galicia a partir de augardente amparada na I.X. Orujo de Galicia / Augardente de Galicia, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que o caracterizan.

Deberá posuír un contido en azucres inferior a 100 gr/l. A súa graduación alcohólica oscila entre o 37,5 % e o 50 % do volume.

Na súa elaboración empregaranse como mínimo tres especies de plantas. Permítese o uso de calquera especie apta para uso alimentario, entre as cales se citan, por seren de uso máis tradicional as seguintes: menta, macela, herba Luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

sumario

relacionados

festas

  • Festa da Queimada do Castro· Sada (A Coruña)·última fin de semana de agosto

<< retorno