Gastronomia de Galicia 

Augardente de Galicia

Augardente

INDICACIÓN XEOGRÁFICA: "Orujo" de Galicia / "Augardente de Galicia"

Descrición

A Augardente de Galicia é unha bebida espirituosa encadrada na categoría 6 do ane¬xo II do Regulamento (CE) n.º 110/2008, do 15 de xaneiro de 2008, elaborada mediante fermentación e destilación de bagazos e lías obtidos a partir de uvas colleitadas no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os produtos que protexe a indicación xeográfica son a augardente de bagazo e a augardente de bagazo envellecida.

Os sistemas e técnicas empregados na destilación poderán ser os tradicionais alambique ou alquitara, ou calquera outro de quentamento por vapor de auga que permita obter destilados de calidade, conservando as características específicas das augardentes de bagazo.

O sistema de envellecemento consiste na permanencia das augardentes de bagazo en envases de madeira, de forma estática, sen mesturas nin combinacións con outras augardentes durante todo o tempo de envellecemento que en ningún caso será inferior a un ano. Os recheos, para cubrir as minguas que se producen, deberanse realizar con augardentes de bagazo que teñan o mesmo tempo de envellecemento.
A capacidade dos envases será igual ou inferior a 1000 litros.

<< retorno