Gastronomia de Galicia 

Bebidas espirituosas con Indicación Xeográfica

Calidade e Presentacións

Calidade

Para poder facer uso do nome das indicacións xeográficas, as empresas deberán inscribirse nos rexistros do Consello Regulador. Existe un rexistro de produtores de subprodutos de vinificación, de destiladores e de elaboradores e envasadores

Presentacións

Á hora de consumir unha augardente ou licor debemos ter en conta dous factores importantes: a temperatura de servizo e a copa.
A temperatura de servizo para a augardente é entre 8 e 10º C, para a augardente de bagazo envellecida e os licores entre 15 e 18º C.
Respecto á copa, as de forma de lira ou tulipa parecen as máis axeitadas, especialmente se son augardentes novas. O colo de frauta -nin moi estreito nin moi alto- é apropiado para unha boa valoración dos aromas. Algunhas augardentes cun longo envellecemento pódense degustar en copas tipo balón.

Real Decreto (BOE 26/03/2014)

Real Decreto 164/2014, do 14 de marzo, polo que se establecen normas complementarias para a produción, designación, presentación e etiquetaxe de determinadas bebidas espirituosas.

Consultar BOE

<< retorno