Gastronomia de Galicia 

Ribeiro

Vino Ribeiro

Denominación local: Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro está situada no bordo noroccidental da provincia de Ourense, nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Conta cunha extensión de 2685 hectáreas de viñedo.

Os viñedos esténdense dende os 75 ata os 400 metros de altitude por vales e ladeiras, en ocasións con moita pendente, que son salvadas por terrazas denominadas socalcos ou bocarribeiras, que seguen as curvas de nivel.

O seu clima vese favorecido polas barreiras naturais e pola súa situación meridional dentro de Galicia, que protexe a zona das borrascas subatlánticas e lle proporciona un ecoclima de transición oceánico-mediterráneo que permite que o froito das viñas madure, conservando o aroma e a acidez.

As variedades de vide utilizadas para brancos son: Treixadura, Torrontés, Godello, Loureira, Albariño, Palomino, Albilla e Macabeo. E para os tintos: Sousón, Brancellao, Caíño tinto, Caíño bravo, Caíño longo, Ferrón, Mencía, Garnacha tintureira e Tempranillo. Os tostados brancos elabóranse exclusivamente a partir de uvas das variedades Treixadura, Loureira, Torrontés, Godello e Albariño; e os tostados tintos a partir das variedades Caíño tinto, Caíño bravo, Caíño longo, Ferrón, Sousón, Brancellao e Mencía.

<< retorno