Gastronomia de Galicia 

Ribeira Sacra

Denominación local: Ribeira Sacra

Introdución:

A Ribeira Sacra comprende lugares situados ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e no norte de Ourense.

Os vertixinosos canóns, vestidos de viñedos, sucédense ao longo dos ríos e a parte alta das ribeiras vese salpicada de igrexas románicas dos séculos XI e XII.

A elaboración dos viños protexidos realízase exclusivamente con uvas das seguintes variedades:

a) Preferentes:

Brancas: Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca, Albariño e Torrontés.

Tintas: Mencía, Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño Tinto e Tempranillo.

b) Autorizadas:

Tintas: Garnacha tintureira e Mouratón.

Na Ribeira Sacra, o home emprendeu unha monumental loita coa xeografía, construíndo pequenos e estreitos socalcos -aos que normalmente non pode acceder a maquinaria- para poder escalar e poboar de vides as inverosímiles pendentes de Amandi. A esta forma de vencer a adversa orografía chámaselle «viticultura heroica». Isto explica os elevados prezos da uva e do viño, así como o marcado autoconsumo.

Os vales do Sil son de tipoloxía oriental, con abundancia de arxilas, aínda que o solo das terrazas mellorou notablemente a calidade do solo orixinal.

<< retorno