Gastronomia de Galicia 

Rías Baixas

Denominación local : Rías Baixas

  Introdución:

A Denominación de Orixe Rías Baixas esténdese por un conxunto de zonas de Galicia que teñen unha serie de condicións físicas comúns que identifican e orixinan as características dos seus viños.

Trátase de terras baixas, cunha altitude inferior polo xeral a 300 m, próximas ao mar e asociadas aos tramos inferiores dos cursos fluviais, o que condiciona formalmente as características climáticas de influencia atlántica, que se manifesta en temperaturas suaves e precipitacións elevadas e ben repartidas, cun descenso hídrico nos meses de verán.

Polas súas características, estes viños harmonizan á perfección co peixe, cos sabores iodados dos mariscos e coas últimas creacións da cociña do mar. Son viños de todas as horas, ideais para seren saboreados groliño a groliño nos momentos do aperitivo ou ben formando parte da máis refinada liturxia gastronómica.

A elaboración de viños protexidos pola Denominación de Orixe Rías Baixas realízase exclusivamente con uvas das seguintes variedades:

Variedades preferentes brancas: Albariño, Loureira branca ou Marqués, Treixadura e Caíño branco.

Variedades preferentes tintas: Caíño tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón.

Variedades autorizadas brancas: Torrontés e Godello.

Variedades autorizadas tintas: Mencía, Brancellao, Pedral e Castañal.

sumario

relacionados

festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno