Gastronomia de Galicia 

«Tarta de Santiago»

Torta de Santiago

A Torta de Santiago afunde as súas raíces nas tradicións máis antigas da alta repostería galega. A noticia máis antiga sobre a elaboración e consumo deste biscoito de améndoa é algo imprecisa, pero procede da visita que Pedro de Portocarrero realizou á Universidade de Santiago na segunda metade do século XVI e a investigación que levou a cabo sobre as comidas que se lles daban aos profesores.

Séculos máis tarde (1838), no Cuaderno de Confitería que recompilou Bartolomé de Leybar, inclúese un doce cunha composición moi parecida á actual Torta de Santiago.

Manuel Puga, "Picadillo", na súa La cocina práctica de 1905, e Alvaro Cunqueiro recollen diversas variantes deste doce.

A popularización do Camiño de Santiago fixo o resto para estender a presenza deste produto fóra de Galicia.

Foi no ano 1924 cando a confeitería Casa Mora -en Santiago de Compostela- empezou a adornar as tortas coa característica silueta da Cruz de Santiago, acadando grande éxito en Galicia e no resto de España.

A pesar de que en Galicia non somos produtores de améndoa, temos ao longo da nosa comunidade diferentes sobremesas elaboradas con este froito. 

sumario

relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno