Gastronomia de Galicia 

Pemento de Oímbra

Pimiento de Oímbra

Pemento de Oímbra (Capsicum annuum, L.).

Denominación local: Pemento de Oímbra.

Introdución:

Os pementos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida (en fase de aprobación) "Pemento de Oímbra" son os froitos que pertencen ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L., cultivado tradicionalmente na zona de produción.

Os froitos recóllense en verde (estado inmaturo intermedio) para se comercializaren en fresco. Tamén se poden recoller maduros (cor vermello), e neste caso empréganse fundamentalmente para transformalos en conserva. Só os primeiros son amparados pola Indicación Xeográfica Protexida.

O nome da indicación "Oímbra" é un topónimo que corresponde ao municipio da comarca de Verín onde se iniciou o cultivo deste pemento e onde aínda hoxe en día mantén unha maior intensidade.

Descrición:

As características físicas e organolépticas do froito son as seguintes:

  • Forma: regular, alongada, con 1 casco e 3 ou 4 costelas e sen nervaduras importantes.
  • Peso: entre 100 e 200 gramos/unidade.
  • Lonxitude do froito: entre 10 e 20 cm.
  • Anchura na base: entre 6 e 8 cm.
  • Forma do ápice: acuminado ou redondeado.
  • Sección transversal con 3 ou 4 lóbulos.
  • Pel: lisa e brillante, de cor verde claro con tonalidades case amarelas.
  • Grosor da parede ou carne: entre 6 e 8 mm.
  • Cata: sabor doce, sen proído (picante) debido á ausencia de capsicina e olor de intensidade media.

sumario

festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno