Gastronomia de Galicia 

Pemento da Arnoia

Pimiento de Arnoia

Pemento de Arnoia (Capsicum annuum, L,)

Denominación local: Pemento da Arnoia.

Introdución:

Os pementos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) (en fase de aprobación) "Pemento da Arnoia" son os froitos pertencentes ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L., cultivado tradicionalmente na zona de produción constituída polo termo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns, pertencente ao municipio de Cortegada.

Os froitos recóllense en verde (estado inmaturo intermedio) para se comercializaren en fresco. Tamén se poden recoller maduros (cor encarnada), e neste caso empréganse fundamentalmente para transformalos en conserva. Só os primeiros son amparados pola Indicación Xeográfica Protexida.

O nome da indicación "Arnoia" é un topónimo que corresponde ao municipio da comarca do Ribeiro onde se iniciou o cultivo deste pemento e onde aínda hoxe en día mantén unha maior intensidade.

Descrición:

As plantas deste ecotipo son de consistencia herbácea, moi ramificadas, de porte medio (alcanzando unha altura aproximada de entre 55 e 80 cm ao aire libre) e de ciclo semiprecoz, con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración.

Características físicas e organolépticas do froito:

  • Forma: cónica, acampanada, con 3 ou 4 cascos, 4 costelas e un número variable de septos lonxitudinais bastante patentes.
  • Ápice: fendido ou redondeado.
  • Zona de inserción do pedúnculo lobulada.
  • Pel: lisa e brillante, de cor verde claro.
  • Peso aproximado: entre 50 e 90 g por unidade.
  • Lonxitude aproximada do froito: entre 7,5 e 11 cm.
  • Anchura aproximada do froito: entre 5 e 7 cm.
  • Grosor aproximado da parede intermedia ou carne: entre 2,6 e 7,7 mm.
  • Sección lonxitudinal: trapezoidal.
  • Cata: olor intenso e sabor doce.

sumario

festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno