Gastronomia de Galicia 

Grelos de Galicia

Denominación local: Grelo, nabiza, cimo.

Introdución:

O produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida "Grelos de Galicia", defínese como a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente de plantas da especie Brassica rapa L.,  var. Rapa, comunmente coñecida como "nabo", das variedades-poboación correspondentes aos ecotipos de Santiago e Lugo, así como das variedades comerciais rexistradas "Grelos de Santiago" e "Globo branco de Lugo", representativas respectivamente dos devanditos ecotipos, comercializada en fresco, conxelada e en conserva.

A denominación "grelo" fai referencia ás follas e talos recollidos ao longo do período vexetativo da planta. Tamén se utilizan comunmente os termos "nabiza", para designar as follas e talos vexetativos recollidos ao longo do ciclo de desenvolvemento, e "cimo", que nalgunhas zonas de Galicia se emprega en alusión aos talos florais, xusto antes da floración.

Descrición:

Cor verde intenso, máis acentuado a medida que a planta se aproxima ao momento de floración. Sabor lixeiramente ácido, combinado con certo amargor. Textura algo fibrosa, máis acusada se a variedade é de folla estreita con elevada porcentaxe de pecíolos. Dureza moi baixa debido ao baixo contido en fibra alimentaria.

Sumario

Relacionados

receitas

festas

  • Festa do Lacón con Grelos
    (Festa de Galicia de interese turístico)
    en Cuntis (Pontevedra)
    no mes de febreiro

 

Información seleccionada por la Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno