Gastronomia de Galicia 

Castaña de Galicia

Denominación local: Castaña de Galicia.

Introdución:

O produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Castaña de Galicia" defínese como os froitos obtidos a partir do castiñeiro europeo (Castanea sativa Mill.), destinados ao consumo humano en fresco ou transformados en castañas conxeladas, castañas secas, castañas envasadas ao natural e fariña de castañas.

Os froitos das 81 variedades autóctonas existentes en Galicia destínanse na súa maior parte ao mercado en fresco ou para a fabricación de crema e fariña. A este grupo pertencen, entre outros, Amarelante, Branca, Loura, Luguesa, Negral, Parede, Verde, Rapada, Raigona, Presa e Famosa.

Entre os froitos que, pola súa aptitude tecnolóxica, son máis demandados pola industria de pelado destacan os das variedades Famosa, Garrida, Inxerta, Ventura, Longal e Parede.

Descrición:

As principais características da "Castaña de Galicia" son:

Pericarpo fino, de cor marrón claro e brillante. Episperma (membrana) fina que penetra lixeiramente na semente e que se separa con facilidade ao mondar a castaña. Sabor doce e textura firme non fariñenta. Humidade: unha vez recollido, o froito terá entre o 50 % e o 60 % de humidade. En xeral, o número de froitos por ourizo será igual ou inferior a 3.

Porcentaxe media de carbohidratos do 59,5% (medido sobre materia seca), valor superior ao das demais áreas de produción do territorio español. Porcentaxes medias moi baixas de fendido (4,5 %) e de tabicado (2,1 %). As castañas galegas presentan o menor valor conxunto de ambos os dous parámetros respecto das restantes áreas de produción españolas.

Sumario

relacionados

sobremesas típicas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno