Gastronomia de Galicia 

Pan de Cea

Pan de Cea

DENOMINACIÓN DE INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA (I.X.P.):
Pan de Cea.

Introdución:

A protección outorgada pola Indicación Xeográfica Protexida de Pan de Cea correspóndelle á produción de pan elaborado no ámbito xeográfico da zona protexida e nas instalacións inscritas no Consello Regulador e que emprega como materias primas exclusivamente fariña de trigo, auga, sal e fermento. Elabórase seguindo o proceso tradicional en fornos que reúnan as características típicas dos fornos da zona.

Descrición:

O "Pan de Cea" defínese como o pan que se elabora con fariña de trigo, con adición de auga potable e sal comestible, ao que se lle engade, para que fermente, masa nai procedente dunha elaboración anterior. O amasado realízase en varias etapas, segundo as técnicas ancestrais da zona, mediante un laborioso proceso artesanal. Para rematar, cócese a masa en fornos de pedra granítica de deseño característico da zona que foron quentados previamente con leña.

Sumario

Relacionados

Festas

  • Festa de Exaltación do Pan de Cea,
    (Festa de Galicia de interese turístico)
    en San Cristovo de Cea (Ourense),
    ao día de San Bieito no mes de xullo.

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno