Gastronomia de Galicia 

«Ternera Gallega»

Tenreira Galega

Denominación local: Tenreira Galega

Introdución:

Unicamente ten a consideración de tenreira galega e, xa que logo, goza da Indicación Xeográfica Protexida, o gando das razas Rubia Galega, as 5 razas coñecidas por Morenas do Noroeste e das razas cárnicas que tradicionalmente se utilizan en Galicia, asi como os cruces entre sí. Tamén son aptos os cruces de machos de estas razas con femias de razas de aptitude leiteira.

Descrición:

Malia seren catro as razas protexidas, cómpre salientar a raza Rubia Galega como a xenuinamente autóctona da zona noroeste peninsular. A Rubia Galega ten un formato de tipo medio e proporcionado; tórax profundo, longo e arqueado; dorso e lombos anchos, planos e musculados; coxas, nádegas e patas convexas e longas; esqueleto robusto, forte e ben desenvolvido.

Todas estas condicións coinciden coa conformación xeral longa, profunda, con ampulosidade e anchura dos animais especializados en produción cárnica. Pel pouco abundante, pelo curto e mucosas rosadas. A cor é fundamentalmente rubia trigueira ou canela, e é unha raza cun alto índice de fertilidade.

A carne procedente destes animais terá unha cor rosa claro, con graxa de cor branco anacarado e de distribución homoxénea; músculo de gran fino, de consistencia firme e lixeiramente húmido.

Sumario

Relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno