Gastronomia de Galicia 

San Simón da Costa

Queixo de San Simón da costa

Denominación local: Queixo de San Simón da Costa.

Introdución:

Ao ser, probablemente, a variedade de queixo máis antiga de Galicia, séguense a manter unha serie de técnicas de elaboración seculares. Elabórase a partir de leite cru de vaca mesturando dúas muxiduras, a da mañá e a da noite anterior.

O afumado e a súa forma de obús son as claves da súa identidade, así coma a codia exterior brillante, lisa e cerosa, de cor pardenta. O interior é compacto e case cego, de cor amarelo claro.

É un queixo nada salgado, pouco graxo e lixeiramente ácido, cun sabor no que predomina a súa característica afumada, máis ou menos intensa.

Descrición:

Características organolépticas:

Forma: intermedia entre buxaina e bala, e a parte superior remata en pico.

Codia: afumada, dura e non elástica, de 1 a 3 mm de grosor, de cor amarelo-ocre e algo graxenta.

Pasta: textura fina, graxa, medio dura, semielástica e densa, de cor entre branco e amarelo, suave ao corte, con aroma e sabor característicos.

Ollos: existirán en número non moi elevado, de forma redondeada ou irregular, de tamaño variable pero inferior a medio chícharo.

Sumario

Relacionados

Festas

  • Festa do Queixo de San Simón da Costa· Campo da feira en Vilalba (Lugo)· Mes de abril.

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno