Gastronomia de Galicia 

Cebreiro

Queixo do Cebreiro

Denominación local: Queixo do Cebreiro

Introdución:

O queixo de Cebreiro ten un sabor e aroma que recorda ao leite do que procede, lixeiramente acedo. A súa forma é moi característica, semellante a un fungo.

Elabórase a partir de leite pasteurizado e enteiro de vaca, procedente das razas rubia galega, pardo alpina, frisona e dos cruzamentos entre elas.

Descrición:

O queixo do Cebreiro é un queixo graxo, de pasta branca, branda e granulosa, elaborado con leite de vaca.

As súas características físicas son:

Ten forma de fungo ou gorro de cociñeiro, composto de dúas partes.

Base: cilíndrica, de diámetro variable e cunha altura non superior os 12 cm.

Sombreiro: terá entre 1 e 2 cm máis de diámetro que a base e a súa altura non será superior a 3 cm. 

A súa masa é branca, branda e granulada e non ten codia. O seu sabor e aroma lembra ao do leite do que procede, lixeiramente acedo.

 

Sumario

Relacionados

Festas

  • Feira do Queixo do Cebreiro: en Pedrafita do Cebreiro e en Palas de Rei (no mes de abril)

<< retorno