Gastronomia de Galicia 

Produtos Galegos de Calidade

I.X.P.: Produtos con Indicación Xeográfica Protexida

¿Que é unha IXP?

No Regulamento (CE) 510/2006, do 20 de marzo de 2006, sobre protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios, defínese como:

"o nome dunha rexión, dun lugar determinado ou, en casos excepcionais, dun país, que serve para designar un produto agrícola ou un produto alimenticio orixinario da devandita rexión, do devandito lugar determinado ou do devandito país, que posúa unha calidade determinada, unha reputación ou outra característica que poida atribuírse á devandita orixe xeográfica, e cuxa produción, transformación ou elaboración se realicen na zona xeográfica delimitada. "

D.O.P.: Produtos con Denominación de Orixe Protexida

¿Que é unha DOP?

No Regulamento (CE) 510/2006, do 20 de marzo de 2006, sobre protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios, defínese como:

"o nome dunha rexión, dun lugar determinado ou, en casos excepcionais, dun país, que serve para designar un produto agrícola ou un produto alimenticio orixinario da devandita rexión, do devandito lugar determinado ou do devandito país, cuxa calidade ou características débense fundamental ou exclusivamente ao medio xeográfico cos seus factores naturais e humanos, e cuxa produción, transformación e elaboración se realicen na zona xeográfica delimitada. "

<< retorno