Gastronomia de Galicia 

Mirabeis

Mirabeis

Denominación local: Mirabeis (Prunus domestica var. syriaca)

Introdución.

É unha pequena ameixa amarela, de sabor suave e agradable, que se comercializa, dende non hai moitos anos, fundamentalmente en conserva.

Foi introducido dende Alemaña no ano 1935 por don José Sánchez García, mestre, alcalde do Rosal e fundador da primeira fábrica de conservas vexetais de Galicia, en 1937.

 

Descrición.

É unha pequena ameixa amarela (dun tamaño algo superior ao dunha cereixa de bo tamaño), con multitude de pintas vermellas cando está madura, de delicado e suave sabor, impregnada de sensacións agridoces e cunha textura moi dúctil e sen resistencia. Pertence á familia das rosáceas.

sumario

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno