Gastronomia de Galicia 

Licor Café

Licor de Café de Galicia

Denominación local: Licor café

Descrición:

Bebida espirituosa obtida a partir de augardente e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza de café tostado natural.

Está amparada pola Denominación Xeográfica Augardente de Galicia.

Calidade:

Para poder facer uso do nome dunha denominación, as empresas deberán inscribirse nos rexistros do Consello Regulador. Existe un rexistro de produtores de subprodutos de vinificación, outro de destiladores, de locais de envellecemento e de embotelladores.

Presentacións:

Á hora de consumir unha augardente debemos ter en conta dous factores importantes: a temperatura de servizo e a copa.

A temperatura de servizo para a augardente é entre 8 e 10º C e para a envellecida entre 15 e 18º C.

Respecto á copa, a de forma de lira ou tulipa parece as máis adecuada, especialmente se son augardentes novas. O colo de frauta -nin moi estreito nin moi alto- é apropiado para unha boa valoración dos aromas

sumario

Relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía 

<< retorno